Construíndo a Compostela Feminista
A alcaldesa Goretti Sanmartín deu conta da nova campaña e do conxunto de actividades programadas polo Concello pensadas para facer do 8M “un referente para empoderar o conxunto das mulleres da sociedade compostelá e tamén como unha celebración que conxugue a alegría coa procura de referentes e a defensa dos nosos dereitos como mulleres”.