Á Túa Disposición

Recursos,
axudas e espazos

Todo o que o CIM pon ao teu alcance: a Casa Xohana Torres, axudas e recursos sociais, guías de recursos, plans de igualdade e o Premio Xohana Torres para impulsar o coñecemento sobre as mulleres en Galicia.

RECOÑECEMENTO

Premio Xohana Torres

Desde 1993, o Concello de Santiago recoñece anualmente obras de investigación, ensaio e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega.

Co Premio Xohana Torres busca visibilizar traballos históricos, políticos, científicos, literarios ou artísticos centrados na participación social das mulleres en Galicia.

CONVOCATORIA ANUAL

2500 €

por modalidade

ESPAZO E RECURSOS

Casa das Mulleres Xohana Torres

Inaugurada en 2017, a Casa das Mulleres Xohana Torres é un equipamento municipal de referencia para as mulleres e o colectivo LGBTIQ+ de Santiago de Compostela. Un lugar aberto para reunirse, reflexionar, crear redes e impulsar proxectos que avancen cara á igualdade real.

Ofrece atención presencial e en remoto de luns a venres, de 09:00 a 19:00 h, con programación propia de actividades relacionadas coa prevención das violencias machistas, educación e saúde sexual, interseccionalidade e autocoidados.

RECURSOS SOCIAIS

Prestacións e axudas dispoñibles

Recursos económicos de ámbito municipal, autonómico e estatal aos que podes acceder. O equipo do CIM pode orientarte no proceso de solicitude.

Prestación económica, extraordinaria, temporal e vencellada a un itinerario de inclusión cidadá, prevista para persoas en situación de vulnerabilidade, risco ou exclusión social.

Máis información premendo aquí

Axuda a mulleres embarazadas soas ou integradas en familias con risco de exclusión social ou especiais dificultades para responsabilidades parentais.

Máis información premendo aquí

Expedición dunha tarxeta magnética personalizada cargada con 720 viaxes gratuítos anuais, exclusiva para persoas en carencia de recursos ou en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, persoas maiores de 65 anos e persoas menores de 65 anos que sexan pensionistas.

Máis información premendo aquí

Concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello De Santiago de Compostela.

Máis información premendo aquí

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago:

Axudas económicas de carácter periódico para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Máis información premendo aquí

Axuda económica dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan especiais dificultades para obter un emprego.

Máis información premendo aquí

Axuda económica para casos de sentenza xudicial firme polos danos e prexuízos causados pola violencia de xénero.

Máis información premendo aquí

O programa ten por obxecto proporcionar axuda económica en forma de indemnización a mulleres que como consecuencia da situación de violencia sufrisen feridas graves que lle ocasionaran hospitalización.

Máis información premendo aquí

Axudas económicas a orfos/as da violencia de xénero.

Máis información premendo aquí

Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia.

Máis información premendo aquí

As mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas, teñen dereito á exención do pagamento dos presos públicos por Servizos académicos en calquera das universidades de Galicia.

Máis información premendo aquí

Os membros de familias afectadas por violencia de xénero teñen dereito á gratuidade dos comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.

Máis información premendo aquí

Programa de subvencións para o alugamento de vivendas para vítimas de violencia de xénero.

Máis información premendo aquí

Programa de subvencións destinadas a facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigadas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.

Máis información premendo aquí

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:

Axuda económica estatal que se lles recoñece ás mulleres vítimas de violencia de xénero que estean desempregadas.

Máis información premendo aquí

A través do Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos garántese o pagamento de alimentos recoñecidos e non pagados.

Máis información premendo aquí

Axudas públicas en beneficio das vítimas directas e indirectas dos delitos dolosos e violentos cometidos en España.

Máis información premendo aquí

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Goberno de España:

MUNICIPAL
Beneficio fiscal nas taxas de auga, saneamento e lixo

Prestación económica extraordinaria, temporal e vencellada a un itinerario de inclusión cidadá, prevista para persoas en situación de vulnerabilidade, risco ou exclusión social.

>> Máis información premendo aquí

Renda municipal de garantía básica cidadá

Axuda a mulleres embarazadas soas ou integradas en familias con risco de exclusión social ou especiais dificultades para responsabilidades parentais.

>> Máis información premendo aquí

Bolsas comedor, material escolar e actividades extraescolares

Concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do concello de Santiago de Compostela.

>> Máis información premendo aquí

Tarxeta de bonificación de transporte urbano

Expedición dunha tarxeta magnética personalizada exclusiva para persoas en carencia de recursos ou en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, persoas maiores de 65 anos e persoas menores de 65 anos que sexan pensionistas.

>> Máis información premendo aquí

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, facendo clic aquí:

AUTONÓMICA
Prestacións periódicas para vítimas de violencia de xénero

Axudas económicas de carácter periódico para mulleres vítimas de violencia de xénero.

>> Máis información premendo aquí

Axudas de pagamento único para vítimas de violencia de xénero

Axuda económica dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan especiais dificultades para obter un emprego.

>> Máis información premendo aquí

Programa de inclusión e inserción laboral

Axuda económica para casos de sentenza xudicial firme polos danos e prexuízos causados pola violencia de xénero.

>> Máis información premendo aquí

Axudas para o fomento do emprendemento feminino

Concesión de axudas do programa Emega para a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres.

>> Máis información premendo aquí

Axudas económicas a orfos e orfas menores de 30 anos

Axudas económicas a orfos/as por violencia de xénero.

>> Máis información premendo aquí

Renda de Integración Social de Galicia

Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia.

>> Máis información premendo aquí

Exención nas taxas de matrícula universitaria

As mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas, teñen dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos en calquera das universidades de Galicia.

>> Máis información premendo aquí

Axudas e indemnizacións para mulleres vítimas de violencia de xénero

Medidas de protección integral contra a violencia de xénero para mulleres vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e asistencialmente dunha muller que sofra violencia de xénero.

>> Máis información premendo aquí

Bono de alugueiro social

As axudas do bono de alugueiro social están destinadas a atender, con carácter urxente ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables.

>> Máis información premendo aquí

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic aquí:

ESTATAL
Subsidio por desemprego para mulleres vítimas de violencia de xénero

Axuda económica estatal que se lles recoñece ás mulleres vítimas de violencia de xénero que estean desempregadas.

>> Máis información premendo aquí

Anticipos por non pagamento de pensións alimentarias

A través do Fondo de Garantía do Pago de Alimentos garántese o pagamento de pensións alimentarias recoñecidas e non pagadas.

e non pagados.

>> Máis información premendo aquí

Axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual

Axudas públicas en beneficio das vítimas directas e indirectas dos delitos dolosos e violentos cometidos en España.

>> Máis información premendo aquí

Servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia contra as mulleres (ATENPRO)

Servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia de xénero a través dun dispositivo electrónico de teleasistencia que permite que as usuarias poidan entrar en contacto en calquera momento cun centro atendido por persoal especificamente preparado para dar resposta adecuada á súa situación persoal.

>> Máis información premendo aquí

Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Goberno de España, facendo clic aquí:

O equipo do CIM pode axudarte a identificar a prestación máis adecuada para a túa situación e acompañarte na tramitación.
Sen cita precia para consultas de urxencia.

GUÍAS E RECURSOS

Documentación ao teu alcance

Materiais elaborados por administracións públicas para achegar información práctica sobre recursos e dereitos.

Guías

Guía de linguaxe non sexista

Xunta de Galicia | Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais.

Guía para o uso dunha linguaxe máis inclusiva e igualitaria

Ministerio de Xustiza | Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos xurídicos.

Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia

Xunta de Galicia | Mapa de recursos e servizos de atención para mulleres en situación de violencia de xénero.

Guía de recursos fronte á violencia de xénero en España

Ministerio de Igualdade | Mapa de recursos e servizos de atención para mulleres en situación de violencia de xénero.

Guía para a atención de mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero

Xunta de Galicia | Ferramenta para a detección, atención e acompañamento de mulleres con discapacidade en situación de violencia de xénero.

Barómetro Xuventude e Xénero 2025. Adianto de resultados: violencia de xénero

Centro Raíña Sofía | Percepcións e vivencias da xuventude ante a violencia de xénero.

Protocolos

Itinerario de actuación do CIM

Concello de Santiago de Compostela | Procedemento de intervención ante situacións de violencia de xénero.

Protocolo Troula Segura

Concello de Santiago de Compostela | Prevención e actuación fronte ás violencias sexuais

Protocolo marco de atención á violencia de xénero

Xunta de Galicia | Coordinación institucional na atención a vítimas de violencia machista

Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTI-fóbicas en eventos e espazos festivos

Xunta de Galicia | Prevención e resposta ante situacións de violencias sexuais e LGBTI-fóbicas en contornos de ocio e eventos.

Guía de linguaxe non sexista

Xunta de Galicia
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais

Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia

Guía de linguaxe non sexista

Xunta de Galicia
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais

XUNTA DE GALICIA
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais.

XUNTA DE GALICIA
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais.

PLANS DE IGUALDADE

O compromiso institucional do Concello

Os plans municipais de igualdade recollen os obxectivos e accións do Concello de Santiago en materia de igualdade entre mulleres e homes.

V Plan Municipal de Igualdade

Plan vixente do Concello de Santiago de Compostela

2022–2025

IV Plan Municipal de Igualdade

Análise sociolóxica-social e obxectivos

2017–2020

Diagnose sobre desigualdades de xénero

Territorio de Mulleres — estudo de base para as políticas de igualdade

2015