PREMIO

Xohana Torres

Co obxecto de potenciar a presenza e o recoñecemento social  das mulleres en todos os ámbitos da sociedade, facer visible as súas diversas achegas ao longo da  historia, promover a igualdade efectiva de mulleres e homes e erradicar as diferentes formas de  discriminación e desigualdade que viven a día de hoxe as mulleres, xorde o Premio Xohana Torres no ano 1993.

CONVOCATORIA ACTUAL

Consulta as bases

Quen é

Xohana Torres

Xohana Torres naceu en Santiago de Compostela en 1931. Viviu a súa infancia en Ferrol, cidade á que se mantén afectivamente vinculada e onde, como discípula de Ricardo Carvalho Calero, entrou en contacto co mundo do teatro. Reside en Vigo, escenario no que se desenvolve a súa única novela Adiós, María (1970).

Poeta, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores/as que, comprometidos/as coa lingua nos difíciles anos da dictadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.

· Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES · Premios XOHANA TORRES

Premios xohana torres

Traballos premiados

Últimos traballos premiados

ANO 2025 /Raquel C.Pico por Na procura da primeira estrela galega, Maruja del Mazo e as mulleres no cine na Galicia dos anos 20

ANO 2024 / Modalidade de ensaio/investigación: Natalia Jorge Pereira por Un formigueiro de mulleres. As trapicheiras do Miño

ANO 2024 / Modalidade audiovisual: Carmen Pérez González Granxeiro por Escenas dun consenso

ANO 2023 / María Montserrat Fajardo Pérez  por Caídas

ANO 2022 / Rosalía Quiroga Trasorras por Mal olladas

Histórico Premio Xohana Torres

EDICIÓN ANO TRABALLO PREMIADO AUTOR/A
1ª Edic. Premio Xohana Torres
1992
As mulleres na economía urbana do Antigo Réxime: Santiago desde o século XVIII.
Serrana Rial García.
2ª Edic. Premio Xohana Torres
1993
A muller, visión e contribución dos librepensadores ácratas galegos, a través dos xornais obreiros: 1890-1936.
José González Vázquez.
3ª Edic. Premio Xohana Torres
1994
Herdanza e signo.
Ánxela Rodríguez Rodríguez.
4ª Edic. Premio Xohana Torres
1995
Declarouse deserto
—
5ª Edic. Premio Xohana Torres
1996
Heroínas anónimas: as lavandeiras.
Mª Mercedes Vega Cerqueiro.
6ª Edic. Premio Xohana Torres
1997
A nai solteira en Galicia.
María Montaña López.
7ª Edic. Premio Xohana Torres
1998
Declarouse deserto
—
8ª Edic. Premio Xohana Torres
1999
Nais xornaleiras e emigrantes: unha perspectiva comparativa da muller na emigración americana e europea.
Mª Luz González Parente e Marta María Lombán Pazos.
9ª Edic. Premio Xohana Torres
2000
O pensamento feminista do economista compostelán Joaquín Díaz de Rábago (1837-1898)
Susana Martínez Rodríguez
10ª Edic. Premio Xohana Torres
2001
Esquecidas pola Historia: as mulleres compostelás entre 1890 e 1936
Herminia Pernas Oroza
11ª Edic. Premio Xohana Torres
2002
Voces da Memoria: Galegas exiliadas, emigradas e resistentes durante o réxime franquista
Beatriz Graña Pérez
12 ª Edic. Premio Xohana Torres
2003
O traballo das mestras en Galicia: entre a produción e a reprodución
Ana Sánchez Bello
13ª Edic. Premio Xohana Torres
2004
Declarouse deserto
—
14ª Edic. Premio Xohana Torres
2005
Declarouse deserto
—
15ª Edic. Premio Xohana Torres
2006
Declarouse deserto
—
16ª Edic. Premio Xohana Torres
2007
Desde o campo e o mar ata o tear e o fogar a invisibilidade rómpese en mil anacos. As mulleres do campo na Galicia da época moderna.
Serrana Rial García
17ª Edic. Premio Xohana Torres
2008
Declarouse deserto
—
Iª Edic. Premio de ensaio Xohana Torres
2009
Transféminas, ou como deconstruír o corpo co martelo.
Iria Preseso Martínez
IIª Edic. Premio de ensaio Xohana Torres
2010
O monte é noso. Conflictividade social no medio rural galego durante o Franquismo. O papel das mulleres na defensa dos montes veciñais en mán común
Araceli Freire Cedeira
Iª Edic. Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
2016
Corpos Exorbitantes. Rosalía de Castro, tradutora feminista, en diálogo con Erín Moure.
María Reimóndez Meilán
IIª Edic. Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
2017
Concha Castroviejo. Arelas de Liberdade
Aurora Marco y Pablo Ces
IIIª Edic. Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
2018
Declarouse deserto
—
IVª Edic. Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
2019
Filucha de Taramancos na modalidade de creación audiovisual Da viuva do vivo á muller navegante na modalidade de Ensaio
Santiago Teijelo Vázquez Ana Barreiro
Vª Edic. Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
2020
Na procura da lus na modalidade na modalidade de creación audiovisual
Rosa María Taboada Rey
Vª Edic. Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres
2021
As pétalas murmuran na modalidade de creación audiovisual
Arantxa Lamas Ponte