PROTOCOLO

Troula segura

Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas nos Espazos de Ocio Nocturno do Concello de Santiago de Compostela

Trátase dunha ferramenta impulsada desde o Concello de Santiago de Compostela, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), que xorde como resposta á demanda dun dos principais axentes de ocio nocturno da cidade: as asociacións profesionais de hostalería.

Con esta ferramenta búscase que os espazos de ocio nocturno sexan axentes activos e comprometidos, con capacidade para xerar cambios e actuar a prol da erradicación destas formas de violencia machista. Así mesmo, tamén se procura o fomento dunha cultura de “tolerancia cero” para garantir o desfrute de toda a cidadanía desde a liberdade, a igualdade e a seguridade.

Implementación do protocolo Troula Segura

A través da implementación do Protocolo “Troula Segura” no municipio, preténdese previr posibles situacións de violencia sexual e LGTBIfobia nos espazos de ocio nocturno, así como poñer a disposición das persoas responsables e traballadoras unha serie de estratexias e pautas básicas para a súa abordaxe, de forma unificada e coordinada.

CALES SON

Os nosos obxectivos

PROTOCOLO TROULA SEGURA

Espazos adheridos

Preme no botón para acceder á información detallada de cada un dos espazos adheridos ao Protocolo “Troula Segura”.

PROTOCOLO TROULA SEGURA

¿Cómo adherirse?

El Protocolo “Troula Segura” empezó a funcionar dirigiéndose a todos los espacios de ocio nocturno del Ayuntamiento de Santiago de Compostela que asumieran el compromiso de prevenir, detectar y actuar ante situaciones de violencia sexual y/o LGTBIfóbica.

Ahora, la adhesión al Protocolo está abierta a todo tipo de establecimientos de hostelería o entidades que desarrollan su actividad en el ámbito del ocio.

Por tanto, los espacios que deseen sumarse al Protocolo, tendrán que seguir los siguientes pasos para formalizar su adhesión.

1

Solicitude de adhesión

Á hora de cubrir a solicitude de adhesión, cada espazo poderá elixir a data e a modalidade (online ou presencial) na que desexan participar na formación inicial para a aplicación do Protocolo.

Ao asinar e enviar a solicitude de adhesión, cada espazo estará aceptando e asumindo os compromisos vencellados ao Protocolo “Troula Segura”.

Axentes que poden solicitala
  • Persoa e/ou entidade titular do establecemento de hostalería;
  • Persoa e/ou entidade que solicite unha licenza e/ou permiso para a celebración de calquera evento festivo e/ou recreativo;
  • Persoa titular da licenza de taxi;
  • Asociacións profesionais que representan os intereses dalgún sector ou actividade profesional vencellada ao ámbito do lecer;
  • Outras entidades e organismos, públicos ou privados, que participan promovendo ou proveendo un servizo en eventos vencellados ao ámbito do lecer.

2

Requisitos para formalizar a adhesión

Recibida a solicitude de adhesión ao Protocolo, a Área de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela informará sobre como acceder á acción formativa para a aplicación do Protocolo.

Esta formación inicial constitúe un requisito imprescindible para a formalización da adhesión ao Protocolo.

3

CONFIRMACIÓN FORMAL DA ADHESIÓN

Tras a verificación da documentación remitida e a superación da formación inicial, emitirase unha comunicación afirmativa e farase entrega dos materiais elaborados no marco do Protocolo “Troula Segura”.

Materiais entregados
  • Guía Operativa para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas nos Espazos de Ocio Nocturno.
  • Distintivo para visibilizar a adhesión ao Protocolo.
  • Adhesivos informativos para os baños.
  • Cartel con información sobre os principais recursos e servizos de atención especializados.
  • Dípticos con información sobre como actuar en caso de sufrir ou presenciar algunha destas formas de violencia machista.
  • Follas para o rexistro e seguimento de posibles situacións de violencia sexual e/ou LGTBIfóbica.

FORMACIÓN

Aplicación do protocolo Troula Segura

A formación inicial para a aplicación do Protocolo “Troula Segura” está enfocada no coñecemento dos distintos apartados que conforman o documento do Protocolo. Deste xeito, afondarase no marco normativo e conceptual ao que está suxeito o Protocolo, coñecendo a lexislación vixente, as tipoloxías e as diferentes formas de manifestación das violencias sexuais e LGTBIfóbicas.

Así mesmo, realizarase un percorrido polo circuíto básico de actuación, incidindo en cada unha das súas fases: detección, atención e actuación, e rexistro e seguimento. Trátase de coñecer o conxunto de principios e pautas básicas de actuación, que orientarán o papel a desenvolver por parte dos axentes de ocio nocturno á hora de abordar situacións de violencia sexual e/ou LGTBIfobia nos seus espazos de traballo.

Á súa vez, proporcionaranse unha serie de recomendacións relacionadas coa atención inmediata ás persoas vítimas dalgún tipo de violencia sexual e/ou LGTBIfóbica.

Esta acción formativa inicial poderá ser realizada en modalidade presencial ou online.

MP

MODALIDADE PRESENCIAL

A formación en modalidade presencial terá lugar

As datas das edicións formativas abertas son as seguintes

MO

Modalidade online

Para a realización da formación en modalidade online, a Área de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela, facilitará aos axentes que solicitaron a súa adhesión unhas credenciais, individuais e intransferibles, para acceder a plataforma online.

As datas das edicións formativas abertas son as seguintes

CONSULTA

Materias informativos do Protocolo Troula Segura

Protocolo "Troula Segura"

Guía operativa do protocolo "Troula Segura"

Díptico con información sobre os recursos e servizos de atención especializados

CONTACTO

Dúbidas ou información

Se tes dúbidas ou precisas máis información, podes poñerte en contacto con nós.
Escríbenos un correo electrónico ou ponte en contacto telefónico!

Escríbenos
a túa consulta