Á Túa Disposición
Recursos,
axudas e espazos
Todo o que o CIM pon ao teu alcance: a Casa Xohana Torres, axudas e recursos sociais, guías de recursos, plans de igualdade e o Premio Xohana Torres para impulsar o coñecemento sobre as mulleres en Galicia.
RECOÑECEMENTO
Premio Xohana Torres
Desde 1993, o Concello de Santiago recoñece anualmente obras de investigación, ensaio e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega.
Co Premio Xohana Torres busca visibilizar traballos históricos, políticos, científicos, literarios ou artísticos centrados na participación social das mulleres en Galicia.
CONVOCATORIA ANUAL
2500 €
por modalidade
ESPAZO E RECURSOS
Casa das Mulleres Xohana Torres
Inaugurada en 2017, a Casa das Mulleres Xohana Torres é un equipamento municipal de referencia para as mulleres e o colectivo LGBTIQ+ de Santiago de Compostela. Un lugar aberto para reunirse, reflexionar, crear redes e impulsar proxectos que avancen cara á igualdade real.
Ofrece atención presencial e en remoto de luns a venres, de 09:00 a 19:00 h, con programación propia de actividades relacionadas coa prevención das violencias machistas, educación e saúde sexual, interseccionalidade e autocoidados.
RECURSOS SOCIAIS
Prestacións e axudas dispoñibles
Recursos económicos de ámbito municipal, autonómico e estatal aos que podes acceder. O equipo do CIM pode orientarte no proceso de solicitude.
-
MUNICIPAL
-
AUTONÓMICA
-
ESTATAL
- Renta municipal de garantía básica cidadá
- Beneficio fiscal nas taxas de auga, saneamento e lixo
- Tarxeta de bonificación de transporte urbano (bonobús)
- Bolsas comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares do curso 2021-2022
Prestación económica, extraordinaria, temporal e vencellada a un itinerario de inclusión cidadá, prevista para persoas en situación de vulnerabilidade, risco ou exclusión social.
Axuda a mulleres embarazadas soas ou integradas en familias con risco de exclusión social ou especiais dificultades para responsabilidades parentais.
Expedición dunha tarxeta magnética personalizada cargada con 720 viaxes gratuítos anuais, exclusiva para persoas en carencia de recursos ou en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, persoas maiores de 65 anos e persoas menores de 65 anos que sexan pensionistas.
Concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do Concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do Concello De Santiago de Compostela.
Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago:
- Prestacións periódicas
- Axudas de pagamento único
- Fondo galego de garantía e indemnización
- Axudas económicas a mulleres gravemente feridas por causa de violencia de xénero
- Axudas económicas a orfos e orfas menores de 30 anos
- Renda de integración social de Galicia (RISGA)
- Exención nas taxas de matrícula universitaria
- Gratuidade nos comedores escolares
- Bono de alugueiro social do pacto de estado (IGUS)
- Cubvencións de mobilidade xeográfica para mulleres vítimas de violencia de xénero
Axudas económicas de carácter periódico para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Axuda económica dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan especiais dificultades para obter un emprego.
Axuda económica para casos de sentenza xudicial firme polos danos e prexuízos causados pola violencia de xénero.
O programa ten por obxecto proporcionar axuda económica en forma de indemnización a mulleres que como consecuencia da situación de violencia sufrisen feridas graves que lle ocasionaran hospitalización.
Axudas económicas a orfos/as da violencia de xénero.
Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia.
As mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas, teñen dereito á exención do pagamento dos presos públicos por Servizos académicos en calquera das universidades de Galicia.
Os membros de familias afectadas por violencia de xénero teñen dereito á gratuidade dos comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación.
Programa de subvencións para o alugamento de vivendas para vítimas de violencia de xénero.
Programa de subvencións destinadas a facilitar a mobilidade xeográfica das mulleres vítimas de violencia de xénero cando, a causa desa situación de violencia, se viran obrigadas a cambiar a súa residencia habitual como consecuencia da súa contratación por conta allea ou establecemento por conta propia.
Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:
- Renda activa de inserción para mulleres que sofren violencia de xénero (RAI)
- Anticipos por non pagamento de pensións alimenticias
- Axudas ás vítimas de delitos violentos e contra a liberdade sexual
Axuda económica estatal que se lles recoñece ás mulleres vítimas de violencia de xénero que estean desempregadas.
A través do Fondo de Garantía do Pagamento de Alimentos garántese o pagamento de alimentos recoñecidos e non pagados.
Axudas públicas en beneficio das vítimas directas e indirectas dos delitos dolosos e violentos cometidos en España.
Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Goberno de España:
MUNICIPAL
- Renda Municipal de Garantía Básica Cidadá
- Beneficio fiscal en taxas de auga, saneamento e lixo
- Bolsas de comedor e material escolar
Prestación económica extraordinaria, temporal e vencellada a un itinerario de inclusión cidadá, prevista para persoas en situación de vulnerabilidade, risco ou exclusión social.
Axuda a mulleres embarazadas soas ou integradas en familias con risco de exclusión social ou especiais dificultades para responsabilidades parentais.
Concesión de bolsas para comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares ás unidades familiares e de convivencia do concello de Santiago de Compostela que teñan persoas menores de idade ao seu cargo escolarizadas en centros docentes públicos ou concertados sostidos con fondos públicos de educación infantil (segundo ciclo) e de educación primaria obrigatoria do concello de Santiago de Compostela.
Expedición dunha tarxeta magnética personalizada exclusiva para persoas en carencia de recursos ou en situación de vulnerabilidade, persoas con discapacidade, persoas maiores de 65 anos e persoas menores de 65 anos que sexan pensionistas.
Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Concello de Santiago de Compostela, facendo clic aquí:
AUTONÓMICA
Axudas económicas de carácter periódico para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Axuda económica dirixida a mulleres vítimas de violencia de xénero que teñan especiais dificultades para obter un emprego.
Axuda económica para casos de sentenza xudicial firme polos danos e prexuízos causados pola violencia de xénero.
Concesión de axudas do programa Emega para a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres.
Axudas económicas a orfos/as por violencia de xénero.
Prestación pública destinada a garantir recursos económicos de subsistencia.
As mulleres vítimas de violencia de xénero, así como os seus fillos e fillas, teñen dereito á exención do pagamento dos prezos públicos por servizos académicos en calquera das universidades de Galicia.
Medidas de protección integral contra a violencia de xénero para mulleres vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e asistencialmente dunha muller que sofra violencia de xénero.
As axudas do bono de alugueiro social están destinadas a atender, con carácter urxente ás vítimas de violencia de xénero, persoas obxecto de desafiuzamento da súa vivenda habitual, persoas sen fogar e outras persoas especialmente vulnerables.
Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, facendo clic aquí:
ESTATAL
Axuda económica estatal que se lles recoñece ás mulleres vítimas de violencia de xénero que estean desempregadas.
A través do Fondo de Garantía do Pago de Alimentos garántese o pagamento de pensións alimentarias recoñecidas e non pagadas.
e non pagados.
Axudas públicas en beneficio das vítimas directas e indirectas dos delitos dolosos e violentos cometidos en España.
Servizo telefónico de atención e protección para vítimas de violencia de xénero a través dun dispositivo electrónico de teleasistencia que permite que as usuarias poidan entrar en contacto en calquera momento cun centro atendido por persoal especificamente preparado para dar resposta adecuada á súa situación persoal.
Podes tramitar a túa solicitude a través da sede electrónica do Goberno de España, facendo clic aquí:
O equipo do CIM pode axudarte a identificar a prestación máis adecuada para a túa situación e acompañarte na tramitación.
Sen cita precia para consultas de urxencia.
GUÍAS E RECURSOS
Documentación ao teu alcance
Materiais elaborados por administracións públicas para achegar información práctica sobre recursos e dereitos.
Guías
Guía de linguaxe non sexista
Xunta de Galicia | Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais.
Guía para o uso dunha linguaxe máis inclusiva e igualitaria
Ministerio de Xustiza | Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos xurídicos.
Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia
Xunta de Galicia | Mapa de recursos e servizos de atención para mulleres en situación de violencia de xénero.
Guía de recursos fronte á violencia de xénero en España
Ministerio de Igualdade | Mapa de recursos e servizos de atención para mulleres en situación de violencia de xénero.
Guía para a atención de mulleres con discapacidade vítimas de violencia de xénero
Xunta de Galicia | Ferramenta para a detección, atención e acompañamento de mulleres con discapacidade en situación de violencia de xénero.
Barómetro Xuventude e Xénero 2025. Adianto de resultados: violencia de xénero
Centro Raíña Sofía | Percepcións e vivencias da xuventude ante a violencia de xénero.
Protocolos
Itinerario de actuación do CIM
Concello de Santiago de Compostela | Procedemento de intervención ante situacións de violencia de xénero.
Protocolo Troula Segura
Concello de Santiago de Compostela | Prevención e actuación fronte ás violencias sexuais
Protocolo marco de atención á violencia de xénero
Xunta de Galicia | Coordinación institucional na atención a vítimas de violencia machista
Protocolo de actuación contra as violencias sexuais e LGBTI-fóbicas en eventos e espazos festivos
Xunta de Galicia | Prevención e resposta ante situacións de violencias sexuais e LGBTI-fóbicas en contornos de ocio e eventos.
Guía de linguaxe non sexista
Xunta de Galicia
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais
Guía de recursos fronte á violencia de xénero en Galicia
Guía de linguaxe non sexista
Xunta de Galicia
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais
XUNTA DE GALICIA
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais.
XUNTA DE GALICIA
Ferramenta para uso de linguaxe non sexista en contextos institucionais e persoais.
PLANS DE IGUALDADE
O compromiso institucional do Concello
Os plans municipais de igualdade recollen os obxectivos e accións do Concello de Santiago en materia de igualdade entre mulleres e homes.
Diagnose sobre desigualdades de xénero
Territorio de Mulleres — estudo de base para as políticas de igualdade
2015







